7 de dec. de 2016

A GUARDA

CO ACENDIDO DA ILUMINACIÓN NAVIDEÑA A VILA DEU Á BENVIDA O NADAL GUARDÉS


O alcalde Antonio Lomba Baz e as concelleiras Montserrat Magallanes Álvarez e Elena Baz Rodríguez, na Praza do Reló, no acto de acendido do alumeado navideño
Fotos: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O luns día 5 de decembro, A Guarda deu a benvida de xeito oficial ao Nadal co acto de acendido da iluminación navideña organizado polo concello en colaboración co Mercado do Reló e comerciantes da vila.  

O alcalde dirixíndose os cidadáns que asistiron o acto oficial de benvida ao Nadal

 O acto, que tivo lugar na Praza do Reló, deu comezo cara ás 20:00 horas e nel interviu unha representante do Mercado do Reló, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez e a 2ª tenente de alcalde, Montserrat Magallanes Álvarez.  

Imaxe que presentaba a Praza do Reló na noitiña do luns

 A continuación o alcalde, axudado por un grupo de nenos e nenas, procedeu ao momento que todos esperaban: o acendido da iluminación de Nadal da Praza do Reló e do resto da Guarda. Deste xeito, os asistentes puideron ser os primeiros en admirar as luces e decoracións que embelecerán as rúas guardesas durante todo o Nadal.  

O alumeado de Nadal xa loce nas rúas da vila guardesa

 A tarde completouse con diversas actuacións. Así, contou coa presencia do Grupo de Baile Xamaraina e con DJ Maci. Ademais, tamén estivo a Caravana impulsada dende o Mercado do Reló, que estará durante estas datas polas diferentes rúas da vila coa campaña “A Guarda é Nadal”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario