2 de dec. de 2016

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA VOLTOU A PRESENTAR UNHA MOCIÓN RECRAMANDO O REMATE DA VÍA DE ALTAS PRESTACIONS TUI-A GUARDA

Foi aprobada por unanimidade de tódolos concelleiros que asistiron á sesión

Corporación Municipal do Concello de A Guarda
Foto: Arquivo


Infogauda / A Guarda

 O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de A Guarda, voltou a presentar unha moción recramando o remate do víal denominado Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda. Esa moción foi incluida na Orde do Día, do Pleno Ordinario celebrado pola Corporación Municipal de A Guarda, o pasado venres día 25 de noviembre, e foi aprobada por unanimidade de tódolos concelleiros que asistiron á sesión.

 En todo caso, reproducimos o texto íntegro da moción do PSdeG-PSOE, para que todos coñezamos á motivación desa reclamación.

 Desde Infogauda desexamos que o goberno da Xunta de Galicia, complete realmente (....) a rede de Vías de Altas Prestacións para que a práctica totalidade dos galegos teñamos ao noso carón unha infraestrutura de especial relevancia (...).





 O Grupo Municipal Socialista da Guarda en base ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta diante do Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN:

Reclamación de remate da Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda

 O pasado día 8 de novembro de 2016 no terceiro discurso de investidura de Alberto Núñez Feijoo, o candidato a presidencia da Xunta de Galicia dixo literalmente referíndose as actuacións previstas para a próxima lexislatura en materia infraestruturas viarias de altas prestacións: “(...) así completaremos a rede de Vías de Altas Prestacións para que a práctica totalidade dos galegos teñamos ao noso carón unha infraestrutura de especial relevancia como: finalizar a autovía do Morrazo, finalizar a conexión da vía Artabra coa autoestrada do Atlántico, o enlace do polígono de San Cibrao da Viñas en Ourense coa Autovía, o enlace de Areas no Baixo Miño na vía Tui-A Guarda (...)”.

 Chama a atención que nomea pormenorizadamente as actuacións que ten previsto realizar pero que entre elas non aparece a finalización da Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda, a nosa comunicación coa autoestrada do Atlántico. Este “esquecemento” parécenos moito máis grave cando para este ano 2016 a propia Xunta de Galicia tiña nos seus orzamentos unha partida de 3.641.526 € para a VAP Tui-A Guarda que desviou para outra infraestrutura e ademais tiña previsto investimentos para os anos 2017 e 2018 por valor de máis de dez millóns de euros.

 Dende logo A Guarda non se pode permitir estar 4 anos máis nesta situación. A VAP Tui - A Guarda é prioritaria para o noso concello. Non podemos permitir que a Xunta de Galicia se siga esquecendo de nós, desta vía de comunicación depende unha parte importante do noso futuro.

 Xa manifestamos en anteriores demandas, veciños, grupos políticos e empresarios, que non imos a renunciar a esta infraestrutura. Consideramos que diante do “esquecemento” do presidente Feijoo no discurso de investidura, debemos trasladar a Xunta de Galicia de novo
as nosas demandas e sentimento como Corporación Municipal. 

 Por todo o sinalado o Grupo Municipal Socialista da Guarda propón ao Pleno Municipal a adopción do seguinte ACORDO:

1. Reiterar a esixencia á Xunta de Galicia de que faga un plan de investimentos razoables para o remate da Vía de Altas Prestacións Tui - A Guarda.

2. Trasladar esta demanda ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

3. Trasladar tamén esta demanda aos portavoces dos grupos políticos con representación no Parlamento Galego

A Guarda a 11 de novembro de 2016

Miguel A. Español Otero
Portavoz do Grupo Municipal Socialista

Ningún comentario:

Publicar un comentario