27 de dec. de 2016

A GUARDA

VOLVE O CHOCOLATE Á PRAZA DE ABASTOS E A MÚSICA ÁS RÚAS DA VILA  

No último xoves do ano   


Infogauda / A Guarda

 Como xa ocorreu o xoves anterior á celebración do Nadal, este vindeiro xoves día 29 de novembro haberá una nova chocolatada de balde na Praza de Abastos para todo o que se achegue pola mañá. Tamén haberá música nas rúas da man do Coro Fuscalheiro para amenizar o último xoves do ano 2016.  


 Ademais cómpre recordar que o xoves pola tarde, ás 17:30 horas no Centro Cultural, o MAGO RAFA traerá o seu novo espectáculo infantil. Este é de balde, previa recollida de tickets no propio Centro  Cultural. Do mesmo xeito, tamén recollendo previamente as entradas, o venres día 30 poden acudir á representación no Centro Cultural, ás 21:00 horas, da obra de teatro “O que hai que ver”.  


 Así pois, anímase a todo o mundo a achegarse o xoves a probar un chocolate quentiño na Praza de Abastos, perfecto para este época e para prepararse para despedir este ano e dar a benvida ao 2017 en tan só un días e a desfrutar das diversas actividades que se organizan dende o concello para amenizar os últimos días do ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario