18 de dec. de 2016

A GUARDA

ÁREA SOLIDARIA

CONRAZONES PARTICIPARÁ NO RALLY SOLIDARIO MARROCOS 

Terá lugar do 28 de decembro ao 3 de xaneiro 

Na imaxe o vehículo no que varios membros de Conrazones participarán no Rally Solidario Marrocos
Foto: Conrazones

Infogauda / A Guarda

 O vindeiro día 23 de decembro de 2016 estará na Praza do Reló da vila de A Guarda, para recoller material escolar, o vehículo todo terreo que acompañará a varios membros da Asociación Conrazones no Rally Solidario Marrocos que partirán o 28 de decembro. 

 Estará estacionado na devandita praza desde as 10:30 ás 18:00 horas para que todos aquelles que queirades colaborar entregando material escolar (lapices, gomas e cores) poidades facelo. 

 O Rally Solidario é unha aventura solidaria e de traballo en equipo. Experiencia única, en vehículos 4×4, que percorrerán Marrocos de Norte a Sur: alta montaña, neve, ríos, barro, o deserto, pistas off-road, dunas e rutas con paisaxes insólitas, cuxo obxectivo é a entrega de xoguetes, roupa, material escolar e alimentos non perecedoiros aos poboados máis necesitados aos que sexan capaces de chegar nos coches que compoñen o Rally despois de difíciles percorridos, unidos polo obxectivo común de realizar as entregas solidarias. 

 As rutas do Rally Solidario Marrocos son diferentes en cada edición, están deseñadas para que goces dunha experiencia solidaria, divertida, aventureira,..., onde percorrerán os pobos, poboados e familias nómades do norte de África máis necesitados. É unha aventura solidaria, onde ver as caras das persoas, nenos e maiores ao chegar a eses lugares tan recónditos do deserto, onde non chega algo tan indispensable nas nosas vidas como a luz ou a auga potable, é impresionante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario