1 de nov. de 2016

TOMIÑO

Continúan as charlas de compostaxe comunitario os días 2 e 3 de novembro, en Goián e Tomiño, respectivamente 

Impartidas por Manuel Gómez Estévez “Lolo”, técnico de compostaxe do programa Revitaliza, da Deputación de Pontevedra, as conferencias terán lugar os días 2 e 3 de novembro, en Goián e Tomiño centro, respectivamente  


Infogauda / Tomiño

 Baixo o lema “Participa na compostaxe comunitaria”, a Concellalía de Medio Ambiente, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, continúa coas charlas dirixidas a veciños e veciñas interesados en apuntarse a este programa que ten coma obxectivo, entre outros, reducir o volume de lixo.  

 Unhas vinte mulleres de Tomiño participaron no curso “Cociña en Verde”, unha actividade impulsada pola Deputación de Pontevedra, dende a Consellería de Cohesión Social e Xuventude.  

 Manuel Gómez Estévez “Lolo”, técnico de compostaxe do programa Revitaliza, da Deputación de Pontevedra, será o encargado de impartir as conferencias terán lugar os días 2 e 3 de novembro, en Goián e Tomiño centro, respectivamente.  O día mércores 2 de novembro, a charla celebrarase ás 20:30 horas no Centro Goianés. E o xoves 3 de novembro, no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, tamén ás 20:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario