1 de nov. de 2016

GOIÁN

CINEMA

Magallanes, un thriller peruano, no Cineclub Poleiro de Goián  

O próximo xoves, día 3 de novembro, o Cineclub Poleiro proxecta Magallanes, un thriller peruano dirixido por Salvador del Solar, no auditorio de Goián ás 21:30 horas  


Rita Alonso / Goián

 O xoves día 3 de novembro, o Cineclub Poleiro proxecta o thriller Magallanes, dirixido por Salvador del Solar, unha coproducción de Perú-Arxentina e Colombia, sobre as víctimas do enfrontamento entre o goberno peruano e Sendero Luminoso. 

 Sinopse:
A anodina vida de Magallanes (Damián Alcázar) da un xiro o día en que Celina , unha muller que coñeceu nos violentos anos nos que foi soldado no exército peruano e loitaba contra Sendero Luminoso , sube ao seu taxi nunha rúa de Lima. Este inesperado reencontro, despois de 25 anos, co escuro pasado que os une, dalle pulo a Magallanes para embarcarse nun arriscado plan para axudar a Celina a conseguir cartos ao tempo que busca tamén a maneira de redimerse polo pasado.  

Premios, entroutros: 
2014: Festival de San Sebastian: Premio cine en construción. 
2015: Premios: Nominada mellor película extranxeira. 
2015: Festival de la Habana: Premio Coral Especial do Xurado (Ópera Prima).   

• "Un fascinante estudio de personajes construido dentro de la historia de una potente tragedia (...)", Jonathan Holland: The Hollywood Reporter.  

"Relato directo y duro que no cae en el panfleto, (...) el relato logra lo que se propuso: hablar de la memoria, de la culpa, de la ilusión y del perdón." Adolfo C. Martinez: Diario La Nación.  

 O xoves, 1 de decembro  chega O fillo de Saúl, dirixida polo húngaro Laszlo Nemes. Unha historia de salvación nos campos de concentración nazis.  

 O xoves 12 de xaneiro, a norteamericana, Eu, el e Rachel, dirixida por Alfonso Gómez Rejón. Unha perfecta combinacion entre comedia e drama, unha historia de adolescencia, amistade e enfermidade.  

 O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario