1 de nov. de 2016

GOIÁN

A feira de Motos Antigas de Goián chega á súa XIIIª edición  

Expositores de varios puntos de España e Portugal daranse cita na exposición, que terá lugar os días  5 e 6 de novembro no Pavillón Polideportivo de Goián    


Infogauda / Goián

 O pavillón polideportivo de Goián acollerá a vindeira fin de semana, o “XIII Mercadillo y Exposición de Motos Antiguas”, organizado pola Asociación Amigos das Motos Antigas “Dalle Gas”, de Tomiño.  

 Perto de 60 expositores chegados de distintos puntos de España e Portugal, participarán na feira. 

 Ademais da compra-venta de recambios para motos antigas, coches clásicos e miniaturas, os visitantes poderán contemplar verdadeiras reliquias, con máis de 80 anos de antigüidade. Haberá tamén exemplares de Harley Davison, Norton e BSA, así coma das nacionais Montesa, Derby, Bultaco e Ossa. 

 Colabora o Concello de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario