2 de nov. de 2016

GOIAN

CULTURA

O ESCRITOR FRANCISCO CASTRO, PARTICIPARÁ NUNHA TERTULIA LITERARIA NA BIBLIOTECA DO CEIP ANTONIO FERNÁNDEZ

O evento, que terá lugar o venres día 4 de novembro, ás 20:00 horas, está organizado polo Club de Lectura “Chocolate con libros”


Nandi de Santiago Moure /Goián

 Este venres, día 4 de novembro, o escritor vigués Franciso Castro participará nunha “Tertulia literaria” na biblioteca do CEIP pintor Antonio Fernández, de Goián. 

 Francisco Castro é, ademais de escritor de lingua galega, editor de Literatura Infantil e Xuvenil e coordinador de Novos Proxectos na Editorial Galaxia.

 Entre outras obras escribiu Spam (premio Blanco Amor de novela 2005) Chamádeme Simbad (lista de Honra de IBBY 2012) O neno can, con Fina Casalderrey (lista de Honra IBBY 2013), Tes ata as 10, Amor é una palabra coma outra calquera, etc. 

 Sendo a día de hoxe un autor de referencia nos centros de ensino. 

 O escritor falará de libros, amor, emocións, intrigas e compartirá co público reflexións e experiencias literarias. 

 O acto está organizado polo Club de Lectura “Chocolate con libros”. Será ás 20:00h e a entrada é libre.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario