1 de nov. de 2016

CULTURA

CINEMA

NANI MATOS BARCIA, MELLOR DIRECTOR GALEGO NO CURTAS FILM FEST, POR "LURNA"

Nani Matos co premio o Mellor Director Galego, no Curtas Film Fest Certame Audiovisual Internacional, de Vilagarcía de Arousa
© Producción de Lurna

Infogauda / Vilagarcía de Arousa

 Nani Matos (Laureano Matos Barcia), o director natural de Camposancos (A Guarda), e afincado na cidade de Pontevedra, continúa recebendo premios pola súa curtametraxe "Lurna". Nesta ocasión, o director camposino logrou o premio o mellor director galego na 44ª edición do Curtas Film Fest Certame Audiovisual Internacional, de Vilagarcía de Arousa.


 No Curtas Film Fest que se desenvolveu desde o día 24 de outubro ata o día 1º de novembro, tamén foron concedidos os seguintes galardóns: 
· Premio á mellor curta: TITÁN, de Álvaro González (España).
· Premio á mellor curta galega: EINSTEIN ROSEN, de Olga Osorio.
· Premio á mellor curta de animación: TALLER DE CORAZONES, de León Fernández (México).
· Premio al mejor director: 17 AÑOS JUNTOS, de Javier Fesser (España).

 Nesta edición tamén se levaron a cabo as primeiras Xornadas do Cómic de Vilagarcía, que permitiron que algúns dos máis coñecidos artistas nacionais da novena arte achegásense ata Vilagarcía. Ao mesmo tempo realizáronse exposicións, sesións de firmas, concursos de videoxogos e cosplay, xogos de rol, cartas e taboleiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario