26 de out. de 2016

MEDIO AMBIENTE

Medio Ambiente estudará colaborar cos concellos de Tui e Tomiño para executar unha gran senda fluvial no Miño

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, reuniuse hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González
Foto: X. de G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, reuniuse hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Na xuntanza, os rexedores locais presentaron un proxecto para crear unha gran senda fluvial ao borde do río Miño. Mato, pola súa banda, agradeceu a iniciativa dos alcaldes e comprometeuse a estudar a colaboración por parte do departamento autonómico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario