29 de out. de 2016

GOIÁN

Luis Davila e Carlos Blanco chegan a Tomiño da man do Outono Cultural  


Infogauda / Goián

 Esta fin de semana Luis Dávila e Carlos Blanco chegan a Tomiño cas obras “Menú da Noite”, o sábado día 29 de outubro,  ás 22:00 h. e “Menú do Día”, o domingo día 30 ás 19:00 h., ambas no Auditorio de Goián. As entradas valen 12€ e poderán mercarse unha hora antes do comezo da obra. Para todos os públicos, nenos e nenas a partir dos 12 anos.  

Menú da Noite  
 Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentáneamente) a falda escocesa e se poñen esmoquin para sachar como es debido. E ata cocinan caldo. O debuxante de Bueu e o actor arousano combinan de novo inxenios e artes para atopar el coctel perfecto. “Un juguete escénico, un trabajo a dúo donde la comedia tiene finalmente la cobertura visual que nunca tuvo.”  

Menú do Día  
 Un experimento, un encontro, un formato novo onde dous consagrados humoristas, Luis Davila e Carlos Blanco unen inxenios para, nun traballo estéticamente impecable, dar unha volta de torca ao monólogo humorístico lara trasladado a un directo hipnótico, onde a retranca dita e debuxada simultaneamente obrigan ao espectador a non saber moi ben nalgún momento a onde prestar atención. 

 Un proxecto premiado coa asistencia masiva de público a cada unha das suas representacións, probado en teatros e mesmo ao aire libre con éxito.  

 Un encontro de dous amigos cun lugar común. O humor. E absolutamente galego.  

 Davila e Blanco traballan xuntos, á par, elaboran cousas novas cada noite e disfrutan e fan disfrutar ao público con historias sobre a Garda Civil, as bravas do país, ou o fútbol e ata contan coa axuda da animación para completar un espectáculo que segue neste momento percorrido por toda Galicia e prepara o salto a Madrid e Londres, entre outros lugares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario