26 de out. de 2016

ENSINO

CENTOS DE PERSOAS MOBILIZÁRONSE CONTRA Á LOMCE E ÁS REVÁLIDAS

Participantes na mobilización contra a LOMCE e as reválidas

Infogauda / Vigo

 A concentración convocada esta tarde en Vigo diante do Marco pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e Foanpas Vigo​ contra a LOMCE e as reválidas logrou reunir centos de persoas nunha demostración firme de rexeitamento a unha lei "privatizadora e elitizadora". A protesta, na que se dramatizou o "funeral" do ensino público, abandonou por uns instantes as escaleiras do museo para dar lugar a unha manifestación pola rúa Príncipe que non se puido alongar por requerimento da policía española.   


 Entre as e os asistentes había unha alta porcentaxe de alumnos/as de primaria, alén da presenza da CIG-Ensino e máis de Erguer. Estudantes da Galiza​, entidades da plataforma. Tamén unha faixa do CEIP Mosteiro-Bembrive portada por crianzas, así como diversos elementos alusivos á "morte" da educación pública, como libros de texto rodeados de candeas ou un cadaleito. No percurso da mobilización deuse leitura ao manifesto da plataforma, ademais de cantarse colectivamente as ben coñecidas "coplas contra a LOMCE". Esta protesta coincidiu coas convocadas pola mesma plataforma noutros puntos de Galiza, onde tamén resultaron un completo suceso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario