Cruz Vermella pon en marcha en A Guarda a campaña “En Familia por Dereito”
O proxecto de acollemento familiar é un programa da Xunta de Galicia que leva a cabo Cruz Vermella e que representa unha forma de coidado alternativo que prevé o Sistema de Protección á Infancia, baseado na solidaridade da cidadanía
Neli Rodríguez / A Guarda
O luns día 17 de outubro ás 12:00 h., no Concello de A Guarda terá lugar a presentación da campaña “En Familia por Dereito”, de Cruz Vermella no marco do proxecto de Acollemento Familiar que se fai en colaboración coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, para difundir información sobre o proxecto e sensibilizar a potenciais familias que queiran participar e colaborar na acollida de menores de idade a través dos seus servizos.
Á presentación asistirán: María Teresa Vicente Baz concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade; José María Salcidos González, presidente comarcal de Cruz Vermella do Baixo Miño; e unha familia acolledora da comarca.
A iniciativa consiste no montaxe dunha exposición na que a través de 8 paneis informativos represéntanse as experiencias de familias acolledoras que asumiron o reto da acollida da man de Cruz Vermella, e tamén de persoas que foron acollidas no pasado que explican o que significou para elas esta medida de coidado alternativo, historias reais que falan das suas motivacións, vivencias, dificultades e satisfaccións. Con esta exposición pretédese sensibilizar a poboación sobre a importancia de preservar os dereitos dos nenos e nenas, en especial, no dereito a vivir nunha familia e todo o que iso conleva, como o dereito a crecer nun ambiente de afecto e seguridade moral e material. O noso obxectivo principal é chegar a aquelas familias que están dispostas a acoller a menores que por as suas circunstancias teñen máis dificultades, isto é, adolescentes, grupos de irmáns, e nenos e nenas con necesidades especiais.
A exposición estará visible ó público dende o luns 17 ata o venres 21 de outubro nas instalacions da casa do Concelo de A Guarda. Tamén, e para apoiar a presenza da exposición, realizaranse outras sesións de sensibilización: obradoiro de acollemento familiar nun colexio da zona coa participación de máis de 30 alumnos/as, que terán a oportunidade de realizar un libro explicativo sobre o programa de acollemento familiar.
O acollemento familiar é un programa da Xunta de Galicia que desenvolve Cruz Vermella e representa unha forma de coidado alternativo que prevé o Sistema de Protección á Infancia, baseado na solidaridade da cidadanía, que permite os nenos e nenas que se atopan separados dos seus proxenitores crecer nun ambiente familiar estable durante un tempo determinado. Esta separación ven determinada por diversas situacións nos adultos de referencia dos menores de idade que teñen a cargo. O obxectivo xeral é dar cumplimento ó dereito de todos os nenos e nenas a vivir e crecer nunha familia, tendo como horizonte o retorno coa súa familia cando sexa posible.
A 30 de setembro de 2016, 44 familias, teñen acollido a 57 menores na provincia de Pontevedra. Na zona de influencia da Asemblea de CRE Baixo Miño temos dúas familias acolledoras, e dous menores se beneficiaron desta medida.
Podes atopar todos los contidos e materiais multimedia premendo nesta ligazón.
Todo o material da campaña estará dispoñible a través do site de Acollemento Familiar de Cruz Vermella.
Ningún comentario:
Publicar un comentario