9 de out. de 2016

A GUARDA

FILATELIA

EXFIMIÑO 2016: MERECIDA HOMENAXE A D. ALFONSO MARTÍNEZ PENIZA

Foi, ademáis de un guardés de lei, emprendedor, socio fundador, primeiro Vice-presidente e Vice-presidente de Honor da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa e Presidente do Recreo Artístico Guardés


Alfonso Martínez Peniza, cara a 1970
Fotografía do Recreo Artístico Guardés


Infogauda / A Guarda


 A meritísima Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F. e N.G.), organiza a súa XXIII mostra filatélica e a XXª edición de EXFIMIÑO, exposición Filatélica en homenaxe póstuma a D. Alfonso Martínez Peniza, Vice-presidente de Honra, da S.F. e N.G.. Por este motivo porase en circulación un selo personalizado ca imaxe da fachada principal do inmoble que alberga o Recreo Artístico Guardés, propiedade que foi adquirida sendo D. Alfonso Martínez Peniza, presidente desa sociedade.

 No acto de inauguración, o historiador Dr. Joaquín Miguel Villa Álvarez fará unha reseña biográfica da persoalidade homenaxeada.

 Alfonso Martínez Peniza (1907-1996) foi o vicepresidente fundador do Grupo Filatélico Guardés, en 1964, cárrego que desempeñou o longo de 32 anos, ata seu falecemento en 1996.

 Como nos refire o activo historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez, o Grupo Filatélico Guardés xurdiu como unha sección da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, benemérita entidade da que entón Alfonso Martínez Peniza era tamén vicepresidente. Non en balde, estamos referíndonos a un dos dirixentes máis dinámicos da Sociedade Pro-Monte Santa Tecla en toda súa historia, permanecendo 25 anos na súa Xunta Directiva. E sempre de maneira activa. Foi tesoureiro da Pro-Monte un ano, de 1941 a 1942. Logo doce anos - entre 1952 e 1964 - de vogal; tres anos - entre 1964 e 1967 - de vicepresidente; un ano - de 1967 a 1968 - de secretario; e oito anos - entre 1971 e 1978 - de vogal.

 "Pero o impresionante dinamismo da súa vida pública foi máis aló do seu paso pola Pro-Monte xa que, ademais de secretario do Casino da Guarda, en 1940, foi presidente da Comisión de Festas do Monte dos anos 1959, 1951, 1962 e 1963, organizando este último ano un memorable 60º aniversario da festa. Foi precisamente en 1961 cando puxo en marcha o proxecto da Casa da Cultura que se faría realidade en 1974".



 "Pero sobre todo - engade Villa Álvarez - Alfonso Martínez destacou como directivo do Recreo Artístico Guardés, unha sociedade guardesa da que foi tesoureiro no ano 1939, vicepresidente en 1942, e especialmente presidente durante once anos, repartidos en dúas etapas: 1971 a 1977 e 1980 a 1983. En ambas presidencias alcanzará o cume da súa faceta social e cultura na Guarda pois na primeira logrou dotar ao Recreo dunha sede social en propiedade por primeira vez na súa historia (1974), e na segunda a creación de tres agrupacións folclóricas e musicais: "Os Pelouros", "Arxil" e "Rondalla", Refrendando este esplendor cultural guardés ao viaxar co grupo "Os Pelouros" en visita institucional a Puerto Rico e República Dominicana no ano 1984. Por eses anos tivo tamén unha importante participación política a nivel municipal xa que foi cinco anos concelleiro: entre 1971 e 1975. A vista destes datos pódese afirmar, sen ningunha dúbida, que Alfonso Martínez Peniza foi un dos principais, se non o principal animador e xestor sociocultural da Guarda no pasado século XX (...)".

 Alfonso Martínez Peniza foi tamén unha persoa emprendedora no ámeto profisional, vencellado o comercio de tecidos, paquetería, mercería e novidades, así como ás salas de cinema Teatro Cine Avenida e Salón Parque Avenida.

EXFIMIÑO 2016 ABRE SÚAS PORTAS ESTE LUNS DÍA 10 DE OUTUBRO


  Ainda que estará aberta desde este luns día 10 de outubro, á inauguración de EXFIMIÑO 2016 será o día 12 deste mes, ás 19:00 h., e poderase visitar ata ó domingo día 16 de outubro, na Casa dos Alonso (Praza do Reló), en pleno casco histórico da vila de A Guarda.

 En EXFIMIÑO 2016 participan as máis importantes coleccions filatélicas de Galicia e do Norte de Portugal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario