16 de out. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA DIANTE DO CONCELLO DO ESTADO DE ABANDONO DAS ESCALEIRAS ENTRE A RÚA PUERTO RICO E A PRAZA DE SAN BERNARDO

Celso R. Fariñas: "As realidades son tozudas e nos levan a contemplar como se sigue deixando que as “cousas” se sigan deteriorando e se actúa despois de que veciños/as, asociacións ou grupos políticos fan a denuncia, ou reclaman a súa reparación".





Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega - A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Adxuntando ás correspondentes imaxes fotográficas, con data 13.10.2016 e Rexistro de Entrada nº 6.547, o concelleiro Celso R. Fariñas presentou no Concello de A Guarda, á seguinte interpelación: 

ESCALEIRAS ENTRE A RÚA PUERTO RICO E A PRAZA DE SAN BERNARDO

 Despois de haber feito a queixa sobre o estado de abandono e suciedade dos contenedores na Praza de San Bernardo, recibimos unha chamada para [que] botáramos unha ollada o estado das escaleiras que unen a rúa Puerto Rico ca praza de San Bernardo, e o perigo que ofrece para quenes a usan, xa que o seu abandono por parte das distintas autoridades municipais nos derradeiros dez (10) anos. 

 Como se pode contemplar nas imáxenes que acompañamos, son o fiel reflexo do que decimos anteriormente, pois son a demostración da pouca ou nula vontade do Equipo de Goberno do PSOE por dar unha imaxe, non só para os visitantes, senón e fundamentalmente para os/as guardeses/as que sirva de pasaporte da conservación dos bens e diñeiros públicos, como unha referencia do avance e a boa inversión dos Presupostos Municipais e subvencións que se reciben para mellorar o noso pobo.  

 As realidades son tozudas e nos levan a contemplar como se sigue deixando que as “cousas” se sigan deteriorando e se actúa despois de que veciños/as, asociacións ou grupos políticos fan a denuncia, ou reclaman a súa reparación. 

 Dende Converxencia Galega seguimos mantendo que o troco de persoas no Goberno Municipal non mellorou a situación, polo que a degradación dos servicios e a atención os veciños/as vai a seguir sendo –con sorte- igual ou peor que ata o de agora, e senón, tempo o tempo, xa que os responsables dos servicios seguen sendo os mesmos, e como dí o refrán, donde non hai non se pode quitar, e o que queira entender, que saque as súas propias conclusións. 

 Estaremos atentos a que se tomen as medidas oportunas, e senón que se inclúa nas subvencións ou nos próximos Presupostos Municipais do 2017 ou nos distinto programas financiados pola Deputación Provincial ou a Xunta de Galicia a partida suficiente para arranxar esta “desfeita”.

 A Guarda, a 13  de octubro  do 2.016  

        Celso R. Fariñas                     
Concelleiro de Converxencia Galega 

    
Sr. Alcalde do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario