6 de set. de 2016

SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xunta de Galicia participa na presentación do novo dispositivo de teleasistencia de Cruz Vermella 

O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, asistiron ao ‘I Encontro Tecnoloxía para as persoas’

O servizo conta con tecnoloxía galega fabricada integramente pola empresa Televés  

O Goberno galego e Cruz Vermella colaboran en servizos como a teleasistencia domiciliaria ou a xeolocalización de persoas con deterioro cognitivo e Alzheimer 

Rueda estivo acompañado do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.

Infogauda / Santiago de Compostela

 O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou esta mañá na presentación dun dispositivo de teleasistencia posto en marcha por Cruz Vermella para axudar á atención e o coidado das persoas maiores.
 Rueda estivo acompañado do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.
 A Xunta de Galicia e Cruz Vermella colaboran para a prestación de servizos aos maiores con sistemas tan importantes como son a teleasistencia domiciliaria ou a xeolocalización de persoas con deterioro cognitivo e Alzheimer.
 Hoxe a entidade elixiu Santiago para presentar un dispositivo que se utilizará en toda España e que contará con tecnoloxía galega fabricada integramente pola empresa Televés. Rueda destacou o carácter pioneiro da nosa comunidade neste eido, que sigue a innovar para poñer en marcha servizos que melloren a calidade de vida das persoas maiores.
 O vicepresidente asistiu á presentación do I Encontro Tecnoloxía para as persoas, no que se realizou unha presentación técnica do dispositivo de teleasistencia de Cruz Vermella e outras tecnoloxías nas que traballa a organización; e se fixo unha demostración do funcionamento do dispositivo nunha vivenda real.
 O evento estivo presentado pola presidenta de Cruz Vermella Galicia, Carmen Colmeiro, e contou co presidente nacional da organización, Javier Senet García, na clausura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario