19 de set. de 2016

SAN SALVADOR DE TEBRA (TOMIÑO)

Grandes festas na honra da Virxe do Libramento, en San Salvador de Tebra (Tomiño)

Os días 24 e 25 de setembro de 2016


José Ángel Carrera Alves / San Salvador de Tebra

Programa 2016  

O domingo día 18 de setembro, ás 20:30 horas deu comezo a novena en honra á Virxe do Libramento.   

 O sábado día 24, comeza a festa en honra á Virxe do Libramento na parroquia de San Salvador de Tebra, co pasacalles a cargo da Treboada Baixo Miño, de Tomiño. 

 Chegada a noite, terá lugar unha gran verbena animada polas orquestras Panorama e Pontevedra.   

Domingo día 25, a xornada dará comezo co pasacalles da Banda de Música de Goián. 

 Ás 12:00 horas oficiarase a misa solemne con sermón, seguida de procesión.  

 Pola noite e como punto final a estes días de festa, as orquestras Gran Parada e Capitol amenizarán a verbena, ata altas horas da madrugada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario