19 de set. de 2016

A GUARDA

O PP de A Guarda considera un erro do Goberno local, non presentar solicitude  ao Plan para a realización de obras na Guarda 

Con cargo ao financiamento extraordinario para o Plan Hurbe no ano 2016 


Conchi Ortega Martínez, voceira do Partido Popular de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Saíndo o paso das afirmacions feitas públicas fai uns días polo presidente da Corporación Municipal, o Partido Popular de A Guarda - segundo ven de facer público súa voceira Conchi Ortega Martínez - non pode comprender como o grupo de goberno en base á resolución do 15 de xuño de 2016,  non presentou a solicitudes de subvención para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o Plan Hurbe no ano 2016 (ANEXO)

 Conchi Ortega di “que so pensando que o Alcade de A Guarda, esta no erróneo convencemento que no concello non fai falla inversión en equipamentos públicos, humanizar rúas e urbanizar e mellorar espazos públicos pódese entender esta decisión do grupo de Goberno socialista”.  

 O Partido Popular - engade Conchi Ortega - pensa que os veciños teñen moitas demandas que poderían encaixar perfectamente na resolución do Plan Hurbe, so facía falta que o Alcalde pedira a Subvención.  

 Unha convocatoria, esta de xuño, na que ata o límite do orzamento, as solicitudes presentadas valóranse por orde de entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, é dicir, si o Concello de A Guarda, presentaba unha memoria, anteproxecto e orzamento, dentro das primeiras solicitudes, tiña a seguridade que ía ser aprobada, como ocorre noutros concellos da Contorna, proxectos que estamos a coñecer estes días, en concellos de tódalas cores políticas, afirma a voceira do Partido Popular de A Guarda.  

Nas imaxes, pódense ollar o estado actual - na parte superior da infografía - das rúas próximas o Centro de Saúde, así como a proposta - na parte inferior - do PP de A Guarda
Fotos: PP A Guarda

ANEXO SOBRE O PLAN HURBE. RESOLUCIÓN de 15 de junio de 2016, de la Secretaría General de Ordenación del Territorio y Urbanismo DOGA 20/06/2016 

 Este Plan faise para acometer actuacións orientadas a frear o despoboamento, potenciando as infraestruturas, servizos e equipamentos e, en definitiva, mellorando o benestar e a calidade de vida dos seus habitantes, perseguindo os seguintes obxectivos: 

 1. Promover o desenvolvemento das vilas e dos núcleos rurais con criterios de sustentibilidade económica, ambiental e social. 

 2. Mellorar os equipamentos e as dotacións, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos co fin de proporcionar unha oferta de calidade e adecuada ás necesidades da poboación co fin de incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais da nosa comunidade autónoma. 

 3. Fomentar a conservación e posta en valor do patrimonio cultural e histórico das vilas.

 4. Incorporar as tecnoloxías de información tanto nas instalacións como na previsión de usos e actividades dos equipamentos municipais. 

 5. Prestar especial atención a aquelas accións sensibles á especificidade de xénero que garantan un acceso máis equitativo de mulleres e homes aos bens e servizos.  

 Para a consecución destes obxectivos desenvolveranse accións nas seguintes áreas de actuación: 

• Programa de equipamentos públicos. 
• Programa de humanización de rúas. 
• Programa de urbanización e mellora de espazos públicos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario