5 de set. de 2016

O ROSAL

A Xunta de Galicia publica a aprobación do expediente de información pública e o proxecto de construción das obras de mellora da estrada Pancenteo-Marzán (PO-353) no Concello do Rosal 

Con estas actuacións acadarase unha mellora da estrada o entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360  

As obras previstas contemplan a mellora da sección da estrada, renovación e ampliación das beirarrúas, incorporación dunha senda peonil, substitución da drenaxe lonxitudinal, ampliación das drenaxes transversais, reforzo de firme e renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo do treito obxecto do proxecto  


Infogauda / O Rosal

 A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expedente de información pública e o proxecto de construción da mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353) na provincia de Pontevedra ao sei paso polo Concello do Rosal, concretamente, entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360. Este anuncio pódese consultar premendo eiquí. 

 O proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade vial e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e complentando a drenaxe e a sinalización existente en dito vial.

 As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda, contemplan unha actuación na sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal, e a ampliación das drenaxes transversais. Ademais, do reforzo de firme e renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo do treito obxecto do proxecto.

 Con isto, ao Concello do Rosal deberá adaptar o seu planeamento urbanístico o contido no proxecto.

 Con estas accións aumentarase a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas e se incrementará a seguridade e facilitarán os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario