O CONCELLO DA GUARDA ATENDE O MANTEMENTO DOS CENTROS DE ENSINO E AS DEMANDAS DOS PROFESORES
Colexio de Solanas
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Desde o executivo municipal sinalan que "como en anos anteriores estes días estánse a rematar as tarefas de mantemento para poder ter os centros escolares da Guarda en bo estado para o vindeiro curso 2016-17. Dende o concello están atendéndose tódalas peticións que cada centro remitiu ao remate do curso. Os operarios levan dende xuño traballando a reo: pintando, colocando os materiais pedidos polo profesorado nas súas aulas, facendo arranxos varios como billas e persianas, limpando e desbrozando xardíns e adecentando as entradas dos centros.
Pavillón de Solanas
Este ano cabe destacar o arranxo da cuberta do Pavillón de Solanas, do que temos o compromiso da empresa de que estará rematada antes do comezo do curso. Como é sabido esta obra tivo unha aportación municipal de 75.000€ xa que está cofinanciada ao 50 % polo concello e pola Consellería de Educación. Realmente a obra excede o simple mantemento do que se encarga o concello e por iso debería ser financiada totalmente por Educación, tal e como se está facendo en obras de envergadura similar en moitas localidades da provincia. De calquera maneira Solanas terá un pavillón renovado e o compromiso do Xefe provincial de Educación de investir no mesmo centro o sobrante da execución desta obra, tal e como llo solicitou o alcalde Antonio Lomba Baz.
Colexio Manuel Rodríguez Sinde
No colexio Manuel Rodríguez Sinde o concello colaborou para que se poida implantar un comedor escolar que comenzará a funcionar este curso. No centro da Sangriña levarase a cabo un pulido do chan na entrada do colexio para evitar que os alumnos esvaren os días de choiva e a unitaria da Gándara terá uns baños renovados para os nenos.
Colexio A Sangriña
Dende o concello damos prioridade a que o alumnado da Guarda estea nas mellores condicións nos seus colexios e queremos atender as demandas dos equipos directivos e consellos escolares coa maior dilixencia, por iso dende fai anos hai un operario municipal que se encarga exclusivamente da atención e mantemento dos centros".
Ningún comentario:
Publicar un comentario