4 de set. de 2016

LALÍN

Alfonso Rueda (presidente provincial do PP): “Este partido sigue e seguirá sendo o primeiro de Galicia polos que estiveron, estamos e polos que estarán”  

O PP de Pontevedra reuniu a máis de 500 ex alcaldes e ex concelleiros da provincia en Lalín. 

“Todo o que da o testigo segue aí, e esa é a forza que temos sempre”, sinala. 

Di que “ter ao mellor candidato non é suficiente, por enriba de todo fai falta o que hoxe está aquí, a unión que nos caracteriza e traballar todos xuntos para conseguir esa maioría”.  


O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda na súa intervención esta mañá en Lalín


Infogauda / Lalín

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, puxo en valor esta mañá a importancia da unidade do partido, e sinalou que “segue e seguirá sendo o primeiro de Galicia polas persoas que estiveron, polos que estamos e polos que estarán”.  

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dirixíndose a máis de 500 ex alcaldes e ex concelleiros da provincia durante a homenaxe que o PP provincial lles tributou este domingo

 Foi durante a homenaxe que o PP provincial fixo a máis de 500 ex alcaldes e ex concelleiros da provincia, no que tamén participou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e a candidatura dos populares pola provincia. Alfonso Rueda destacou que “os noso rivais sempre din que temen á infantería do noso partido, a quen da todo a cambio de nada, e eses sodes todos vós”.   

 Alfonso Rueda destacou que na presidencia provincial do partido, antes que el estiveron Rajoy, Cuíña e Rafael Louzán, e o importante é que “todo o que da o testigo segue aí, ao igual que nos concellos da provincia, e esa é a forza que temos sempre”. Nesta liña, anunciou que con todos eles, con todo o traballo e toda a humildade, a maquinaria do Partido Popular para o 25 de setembro xa está en marcha. “Non é mérito do que está en cada momento, é mérito de todos”, engadiu.   

 O presidente provincial tamén criticou que “hoxe parece que ter sentido común e gañar unhas eleccións, ter o apoio das persoas unha e outra vez, xa non vale nada e o único que ten mérito é acabar de chegar e dicir disparates”. Fronte a eles, presumiu de que “o PP ten o mellor candidato, dito por nós e tamén por eles”, pero recordou que “isto non chega, non é suficiente. Por enriba de todo fai falta o que hoxe está aquí, a unión que nos caracteriza e traballar todos xuntos para conseguir esa maioría absoluta”.  

 Ademais do presidente provincial e do rexional, participaron tamén o conselleiro de Cultura e Educación e candidato de Lalín, Román Rodríguez; o presidente local e senador José Crespo; o ex alcalde de Mos, Justo González Ballesta; e o ex alcalde de Ponteareas, José Castro Álvarez, a quen lle devolveron hoxe o seu carné de afiliado ao Partido Popular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario