2 de set. de 2016

A GUARDA

O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DA GUARDA  INFORMA:  

 Que a Escola Infantil Municipal abre o día 5 de setembro de  2016 un proceso EXTRAORDINARIO para cubrir:  

- 2 prazas a  xornada completa e 1 praza a media xornada, en horario de mañá, na aula de 0-1 anos.  

- 2 prazas a media xornada, en horario de tarde, na aula de 2-3 anos.   

 Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados, deberán presentar a solicitude do 5 ao 9 de setembro.

 Para maior información dirixirse o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda en horario de 9:00 a 14:00 h.  

A Guarda, 2 de setembro de 2016  

A Concelleira  
      
Mª Teresa Vicente Baz

Ningún comentario:

Publicar un comentario