CULTURA
"CAMPOSANCOS DE CINE": A PROPOSTA DE CINEMA CAMPOSINO E DO BAIXO MIÑO, BOTA A ANDAR
Previsiblemente, o ciclo de cinema desenvolverase no mes de setembro
Infogauda / Camposancos
O mes de agosto non puido comezar mellor, culturalmente falando, en Camposancos (A Guarda). Decímolo porque na tardiña do día 1 deste mes reuníronse na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, representantes da Entidade Local Menor de Camposancos, da Asociación "Os Amigos", de Camposancos (O Casiño), e da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos. O motivo da reunión foi organizar conxuntamente un Ciclo de Cinema Camposino e do Baixo Miño.
Representando a Entidade Menor de Camposancos estivo Rafael Álvarez Martínez; da Sociedade "Os Amigos de Camposancos", José Antonio Rodríguez Portela; da Comunidade de Montes, José Fernando Martínez Martínez, Gloria Portela Loureiro, Lucía Martínez Diz, Esther Rodríguez, Mario Baró, Agustín Alfonso e Domingo Portela Lorenzo.
Abriu o turno de intervencións, o Presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man común de Camposancos cedéndolle a palabra a Lucía Martínez Diz para que expuxese "os motivos que nos levaron a convocar a esta xuntanza ás tres entidades representativas de Camposancos, por entender que nada mellor que ir da man uns dos outros, para organizar este tipo de eventos".

Lucía Martínez expuxo a idea de organizar un ciclo de Cinema feito por directores, actores e veciños relacionados có audiovisual da zona de Camposancos e A Guarda. "Actualmente no noso pobo hai un potencial neste sector, xa que Nani Matos é un productor e director de cine xa coñecido a nivel internacional. Fani Alonso é incipiente pero xa ten un documental moi interesante e dunha gran calidade ("15 pesetas por frete"), Dani González Portela que ten feito moitos traballos audiovisuais para a televisión; Proxecto Socheo é un referente do noso patrimonio audiovisual, e o director Xurxo Chirro, que ten feito curtas como "Os señores do vento" ou "Jeanette", onde traballan xóvenes do pobo.
Compre salientar que Nani Matos (A Guarda, 04 de novembro de 1966), actor (participou en sete curtametraxes e cinco series), guionista e director, ten no seu currículo tres curtas - "Dies dei", "Flores para Amalia" e "Lurna" - que teñen acadado numerosos recoñecementos, tanto en Galicia, como en España, e a nivel internacional.
Pola súa parte, Xurxo Chirro (A Guarda, 1973),licenciado en Historia da Arte pola USC, traballou para a Axencia Audiovisual Galega e a AGADIC, organismos da Xunta de Galicia. Crítico de cinema, colaborou con varios xornais e revistas. Guionista e director de Vikingland (2011) e Une histoire seule (2013). Na súa ampla filmografía vemos: Argazo, Os señores do vento, 36/75, 13 pozas, Cellular Movie, Loros, Xibardo, Lupita, Noite, Á luzada, Santa Catalina, Cova alumada, Gran Hotel, Barcos nas azoteas, ...
Coa longametraxe Vikingland, Xurxo Chirro ten participado en numerosos festivais: FIDMarsella 2011 (Francia), Jihlava 2011 (Chequia), Mar del Plata 2011 (Arxentina), FICXixón 2011, Cineuropa 2011, FICUNAM 2012 (México), Play-doc 2012 (Gañador), Festival de Bradford 2012 (Gran Bretaña), Fidocs 2012 (Chile), Curitiba 2012 (Brasil), Cineclub Compostela 2012, Cineclub O Carballiño 2012, Cineclub de Pontevedra 2012, Reina Sofía de Madrid 2012, Palacio Diputación de Granada 2012, Flaherty Film Seminar 2013 (EE.UU.), Márgenes 2013 (Gañador exequo), Ciclo España Alterada de Buenos Aires 2013 (Argentina), Cinemateca Uruguaya 2013 (Uruguai), Festival de Autor de Barcelona 2013, Festival de Cine Latino de Tübingen 2013 (Alemaña), Lima Independiente 2013 (Perú) (Premio de la Crítica Internacional), BilbaoArte 2013, Liceo Mutante 2013 (Pontevedra), I(don´t), FAC (Covarrubias) 2013, Signes de Nuit-París 2013 (Francia), Cineuropa 2013, Alhóndiga 2014 (Bilbao), MARCO 2014 (Vigo), MUSAC 2014 (León), CENDEAC 2014 (Murcia), Universitat Politècnica de València 2014, Cineclub Padre Feijóo 2014 (Ourense), Filmoteca Española 2014 (Madrid), Festival de Cine Radikal de La Paz 2014 (Bolivia), Cine A Fresca-Museo Provincial de Lugo 2014, Home-Movie Day 2014 (Salamanca), Linda Rama-Cineclube da Coruña 2014, Ibertigo-Muestra de cine iberoamericano de Las Palmas de Gran Canaria 2014, Porto/Post/Doc 2014 (Portugal), Mellor filme galego segundo enquisa da Revista Luzes, UPV/EHU 2015(Victoria Gasteiz), Liberec 2015 (Chequia), Iberodocs 2015 (Escocia), Transcinema 2015 (Perú),...

"É importante pór en alza estos valores e axudar así a dar a coñecer todos estos traballos. Por todo isto é que nos gustaría que da mán dos tres organismos do pobo camposino programásemos esta actividade", afirmou Lucía Martínez Diz.
Lucía Martínez propuxo tamén "organizar a proxección de Nani Matos, na Praza de San Amaro abrindo o ciclo; Fani Álvarez, na Sociedade Os Amigos de Camposancos, e as curtas de Xurxo e Dani, na Casa Cultural da Comunidade de Montes".
Na súa intervención dixo tamén: "No noso ánimo está a idea de que sexa un proxecto que perdure no tempo, ano a ano".
Deseguido suxeriu as posibles datas, tendo como referencia o mes de Setembro. En principio serían os días 3, 10 e 17 de setembro.
José Antonio Rodríguez Portela comentou que "a Sociedade Os Amigos de Camposancos ten programada a Mariscada para o fin de semán coincidente coa data inicialmente proposta para iniciar o ciclo". Non obstante dixo: "Seguro que non será problema e poda cambiarse a data".
Rafael Álvarez Martínez, Alcalde Presidente da Entidade Menor de Camposancos afirmou: "Oxalá se nos houbese ocurrido a nós esa fantástica idea". "Logo - engadiu - non podo por menos que volcarme co proxecto para que sexa un inicio de algo grande para o pobo".
Buscando nome para o ciclo de cine, Rafael Álvarez propuxo o seguinte lema: "Camposancos, de cine". A tódolos asistentes lles pareceu moi boa proposta.
No tocante o tema económico, Lucía Martínez dixo que "o proxector máis a pantalla para a proxección de Nani ten un custo de 1.080,00€ negociables", e que as cadeiras ás cede a Confraría da Virxen do Carme, de A Guarda.
Respecto a intervención do presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Camposancos, na que preguntou "en que colabourarían cada unha das partes", José Antonio Rodríguez afirmou que "o Casino non pode aportar nada económicamente, pero sí poden axudar en todo o demais".
O presidente da ELM de Camposancos, laiouse de "non habelo sabido con máis antelación" xa que acaban de pechar os presupostos, nembargantes "a Entidade Local Menor colabourará con 1.000,00 € e cos custes de enerxía eléctrica que se xeneren o día da proxección de Nani".
A Comunidade de Montes asume os custes do catering, carteis e imprevistos, e si chovera, unha carpa.
E esa foi, en síntese, o resultado da xuntanza de tres dos colectivos máis representativos de Camposancos, e dado "o bo entendemento" que se constatou, compre felicitar os seus representantes por xunguir esforzos para pór en marcha un interesantísimo proxecto cultural que vai facer de Camposancos un lugar de referencia no ámeto cultural.

Ningún comentario:
Publicar un comentario