A Consellería de Infraestruturas comezou hoxe as obras de mellora da accesibilidade na glorieta de Sabarís, na estrada PO-552, en Baiona
As obras teñen por obxecto a construción dun novo ramal de acceso á rotonda existente no PQ 13+770 da citada vía, que permitirá a incorporación a esta dende a avenida José Pereira Troncoso, polo que se accede á praia de Ladeira
Actualmente, os vehículos que saen desta rúa unicamente poden incorporarse á citada estrada en sentido Baiona, e co novo ramal poderán facelo tamén en sentido Vigo
Este proxecto de mellora reforzará a seguridade e favorecerá a accesibilidade ao cámping existente nesa zona, moi concorrido nesta época estival
Infogauda / Baiona
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comezou hoxe as obras de mellora da accesibilidade na glorieta de Sabarís, no Concello de Baiona.
Estas actuacións, que terán un prazo de execución de dous meses, foron adxudicadas á empresa Excavaciones y Construcciones Pérez Portela por un importe de máis de 17.000 euros.
As obras teñen por obxecto a construción dun novo ramal de acceso á glorieta existente no PQ 13+770 da estrada PO-552, que permitirá a incorporación a esta desde a avenida José Pereira Troncoso, pola que se accede á praia de Ladeira, en Baiona. Actualmente, os vehículos que saen desta rúa unicamente poden incorporarse á citada estrada en sentido Baiona, e co novo ramal poderán facelo tamén en sentido Vigo.
Este proxecto de mellora reforzará a seguridade e favorecerá a accesibilidade ao cámping existente nesa zona, moi concorrido nesta época estival.
O Goberno galego, mediante este tipo de actuacións, pretende resolver carencias nas infraestruturas galegas, proporcionando aos usuarios unha rede viaria autonómica cómoda e segura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario