Coa entrega de diplomas os participantes
REMATA O CURSO DE GRAFITI CELEBRADO NA GUARDA
Foi desenvolvido dentro do programa Depo RúARTE
Na imaxe, autoridades e participantes, fronte o vistoso mural feito na praia de Fedorento (A Guarda)
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Todo o bo chega á súa fin. Tras dúas semanas nas que os participantes do curso adornaron cos seus grafitis o muro da praia de Fedorento, este luns día concluíu o curso de graffiti organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración con Concello da Guarda, dentro do programa Depo RúARTE.
O acto de clausura tivo lugar na propia praia de Fedorento
Ao acto de clausura que tivo lugar na propia praia de Fedorento acudiron as concelleiras de Turismo e Xuventude do Concello da Guarda, Montserrat Magallanes Álvarez e Elena Baz Rodríguez, e tamén a deputada provincial de Xuventude, Digna Rosa Rivas Gómez, que xa presenciaran a inauguración do mesmo. Nesta última xornada do curso puideron comprobar o resultado final de todo o traballo realizado e as técnicas aprendidas. Ademais intercambiaron impresións cos participantes para saber que lles parecera a experiencia e lles fixeron entrega dun diploma.
Digna Rosa Rivas Gómez, Montserrat Magallanes Álvarez e Elena Baz Rodríguez - a dereita da imaxe - cos participantes no curso
As autoridades presentes tamén destacaron a importancia de que a mocidade se implique na vida cultural da vila e aseguraron que dende a Deputación e o Concello seguirán a promover este tipo de actividades, e continuará ofrecendo posibilidades para plasmar a súa arte en forma de grafiti noutros recunchos da Guarda.
Vista parcial do mural feito na praia de Fedorento
Dentro desta implicación por impulsar actividades entre a xuventude nas próximas semanas dará comezo un novo curso dentro de Depo RúARTE, nesta ocasión de temática funky. O curso empeza o 29 de agosto e todos os que o desexen poden inscribirse achegándose ao Rexistro do Concello da Guarda ata o día 19 de agosto en horario de 8:00 a 14:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario