11 de ago. de 2016

A GUARDA

A FIN DE SEMANA DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA ENCHERÁ ÁS RÚAS DA VILA 

Con diversas actividades e moita verbena que rematarán o luns día 15 de agosto, coa tirada dos fogos de lucería no porto de A Guarda

Desde á Alameda ata o porto de A Guarda, o público pode presenciar os participantes no Desfile Folclórico Tradicional
Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Dende que o pregón e o Festival Folclórico celebrado o pasado luns día 8 no Auditorio de San Bieito dera comeza ás Festas do Monte Santa Trega, A Guarda leva varios días de troula na que é a súa festa e semana máis grande do ano. 

 Durante estes días as rúas da Guarda non só se enchen de centos de visitantes vidos de toda a xeografía mundial, senón que tamén acollen todo tipo de actividades para amenizar estes días de lecer ao público de todas as idades. En especial esta vindeira fin de semana ven chea de citas moi destacadas.  

 O venres día 12 de agosto os protagonistas da tarde serán os máis cativos da casa, xa que o Estadio Municipal da Sangriña acollerá o XXV Torneo de Fútbol Infantil. Tamén haberá artesanía no Porto para que a poidan desfrutar os que se acheguen á festa antes da verbena da noite. Esta dará comezo cara as 22:30 horas na Alameda e correrá ó cargo do Grupo América e a Orquestra Élite. 

A Raiña e Damas de Honra do Club da Terceira Idade. abrindo o Desfile Folclórico Tradicional no Sábado do Monte, 2015
Xóvenes ataviadas con diferentes traxes típicos galegos
Un dos diversos grupos tradicionais que participan no Desfile Folclórico Tradicional das Festas do Monte Santa Trega
Na imaxe compoñentes do Grupo de Gaitas e de Baile Do Lusco ó Fusco
A Banda Negra, a decana das Bandas Mariñeiras
Etnografía, folclore, música, tradición,..., conxúganse no Desfile Folclórico Tradicional das Festas do Monte Santa Trega, ofrecendo un espectáculo digno de ver

 Xa no sábado día 13 se celebrará pola mañá o Desfile folclórico tradicional e das bandas mariñeiras. Pola noite, volve a verbena á Alameda con Los Boys Machine e Azúcar. 

 O domingo día 14, o Domingo do Monte como se dí na Guarda e súa bisbarra, terá lugar pola mañá a subida ao monte das bandas mariñeiras, que irá seguido polo tradicional xantar enxebre, no que tódolos anos se reúnen centos de persoas nunha das imaxes máis impresionantes que adoita deixar esta celebración. Ás 21:30 horas, a Alameda volve a acoller a verbena, desta volta amenizada polos grupos Ámbar e Mayical.  

Coa tirada de fogos de lucería do vindeiro luns día 15 de agosto, poráse broche de ouro ás Festas do Monte Santa Trega, 2016

 E como todo o bo acaba, as Festas do Monte Santa Trega 2016 chegarán a súa fin, o luns día 15 coa tirada dos fogos de lucería organizada polo Concello da Guarda en colaboración coa Comisión de Festas, que terá lugará medianoite no Porto da Guarda. Rematarán así  unhas Festas de Interese Turístico Galego, con máis de 100 anos de tradición, que cada ano acadan máis sona. Pero primeiro, toca desfrutar de esta festiva fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario