II RUTA HISTÓRICA AS 4 PORTAS DE TUI SO SÉCULO XVII
Guiada polo historiador tudense Suso Vila
Club Deportivo Andatui Regodapedra / Tui
Benquerid@s camiñantes:
O día 6 de Agosto ás 22:00 h., con saída do Palco da Corredoira, daremos un paseo polos arrabaldes de Tui da Idade Media.
Ensinaremos as entradas que existían para acceder á cidade, explicadas por un historiador e coa música dun grupo da terra.
Ó remate, na praza de San Fernando, teremos unha queimada oficiada por un dos mellores mestres do espectáculo. Para os rapaces teremos chocolate con rosca.
Pasa unha noite diferente coñecendo a historia de Tui, cun aquelarre para invocar ás meigas coa queimada.
Prezo: 5€ e 3 os menores de 12 anos.
Data límite de inscrición: 3 de agosto.
Prezo: 5€ e 3 os menores de 12 anos.
Data límite de inscrición: 3 de agosto.
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!
Inscricións aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario