31 de xul. de 2016

BAIONA.

ANDREA POUSA E BRUXO QUEIMAN
presentan o espectáculo 
"A GRAN FESTA DE ARRIBADA"

Martes día 2 de agosto, ás 23:00 horas, na Praza do Concello



Infogauda / Baiona


 O martes día 2 de agosto, ás 23.00 horas, na Praza do Concello de Baiona, Andrea Pousa e Bruxo Queiman presentan o espectáculo «A Gran Festa da Arribada», unha representación medieval relacionada coa Arribada da Carabela A Pinta, a Baiona. 

 «A Gran Festa da Arribada» constitúe moito máis que un espectáculo, con música ao vivo, xa que ademáis de recrear un feito histórico, de transcendencia internacional, é unha magnífica oportunidade para disfroitar coas interpretacións de dous grandes artistas galegos que veñen triunfando coas súas postas en escea, dentro e fora de Galicia: Andrea Pousa e Bruxo Queiman.

Ningún comentario:

Publicar un comentario