O CONCELLO GUARDÉS INCREMENTA A DOTACIÓN DE MEDIOS PARA EMERXENCIAS
Ao material de emerxencias que recentemente lle foi entregado ao Concello da Guarda: un remolque de emerxencias, un vehícylo Pick-kup, un novo equipo de excarceración e unha embarcación zodiac para salvamento modelo TX 540 nº de serie PTVGDSOO601514, temos que engadirlle o remolque para a embarcación que lle acaba de ser concedida en propiedade
Desde o executivo municipal informan que "ó concello da Guarda a través da orde do 21 de marzo de 2016 (DOG Nº 71 de 14 de abril) de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecían as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2016 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva para concellos de menos de 50.000 habitantes, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, foille concedido un remolque para á embarcación de salvamento, que nos será entregada nos próximos meses".
As mesmas fontes municipal afirman que "o concello da Guarda ten solicitado tamén da Consellería de Medio Rural un camión motobomba con unha capacidade de 3000 litros de auga para á atención de incendios forestais por parte do GES posto que, o camión de que dispoñen, independentemente de que xa ten moitos anos e moitas horas de traballo, está concibido para actuacións urbanas e ten unha capacidade de tan so 1.500 litros de auga. Esperamos dende o concello que este ano a consellería atenda a nosa demanda e poidamos contar paulatinamente con aquel material que ó concello lle resulta totalmente adquirir e que sen embargo é indispensable para atender adecuadamente as emerxencias".
Ningún comentario:
Publicar un comentario