ATLETISMO
XENIAL ACTUACIÓN DOS ATLETAS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA NO CAMPIONATO DE GALICIA INDIVIDUAL, INFANTIL, BENXAMÍN E ALEVÍN EN PISTA
Informa (texto e fotos): José Antonio González Morais
O sábado día 11 de xuño de 2016, nas Pistas de Atletismo de Calabagueiro, do Barco de Valdeorras (Ourense), celebrouse un multitudinario Campionato de Galicia individual, Benxamin, Alevin e Infantil en pista.
Desde O Baixo Miño, os atletas do club Sociedade Atlética do Trega, que participaron nos devanditos campionatos galegos en pista foron:

Christian Javier Sierpes Pereira, campión de Galicia en 1.000 metros marcha
Informa (texto e fotos): José Antonio González Morais
O sábado día 11 de xuño de 2016, nas Pistas de Atletismo de Calabagueiro, do Barco de Valdeorras (Ourense), celebrouse un multitudinario Campionato de Galicia individual, Benxamin, Alevin e Infantil en pista.
Desde O Baixo Miño, os atletas do club Sociedade Atlética do Trega, que participaron nos devanditos campionatos galegos en pista foron:
· Christian Javier Sierpes, (Benxamín) participou en 1.000 m marcha, sendo 1º tempo de 5´27"50 (Marca persoal).
· Sergio Morais, (Benxamín) participou en 1.000 m, marcha sendo 4º clasificado tempo de 6´22"97. En lanzamento de peso 2 qgrs., 4º con un lanzamento de 5´74 m (Marca persoal).
· Álex Sierpes (Benxamín) 1.000 m.l. 1º clasificado, con un tempo de 3´26"56 (Marca Persoal).
· Helia Alonso (Benxamín) participou en 1.000 m, marcha sendo 10ª co tempo de 7´06"13.
Carmen Magallanes- no máis alto do podio -, campioa de Galicia en 1.000 m.l.
· Carmen Magallanes (Benxamín) lanzamento de bola 200 grs., 2ª con un lanzamento de 27,51 m (Marca Persoal). En 1.000 m.l. 1ª co tempo de 3´44"29 (Marca Persoal).
· Elisa Morgado (Benxamín) 1.000 m.l. fixo 4ª co tempo 3´55"13.
· Clara Rodríguez (Alevín) participou en lanzamento de xabalina 400 g, sendo 6ª con un lanzamento de 17,46 m (Mellor marca persoal).
· Marcela Morgado (Alevín) 2.000 m.l. foi 4ª co tempo de 7´54"78.
Hugo Domínguez (Infantil) 3.000 m.l. foi 4º co tempo de 10´46" (Mellor marca persoal).
· Vania Fernández (Infantil) 3.000 m.l., foi 4ª co tempo de 11´32"11 (Mellor marca persoal).
Actuación xenial de tódolos aspirantes a atletas, e catro medallas para os guardeses unha para Christian e Álex Sierpes, respectivamente, e dúas para Carmen Magallanes.
ARIANA GONZÁLEZ VERDE, DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, RAIÑA DA XIII CARREIRA NOCTURNA DE CELANOVA
Ariana González Verde - no máis alto do podio -, foi a 1ª atleta senior feminina, da XIII Carreira Noturna de Celanova (Ourense)
Tamén o sábado día 11 de xuño, en Celanova (Ourense), ás 22:30 h., saliu a XIII Carreira Noturna de Celanova, na que participaron os atletas do club Sociedade Atlética do Trega: Ariana González Verde, Rosendo Fernández e Carlos Fernández realizando unha distancia aproximada de 7.800 m..
En mulleres a raiña do noite foi Ariana González Verde, 1ª senior, co tempo de 29´40".
Carlos Fernández Álvarez, acadou o posto 43º, na categoría VTBM-8, co tempo de 29´43".
Rosendo correu a mesma distancia como entreno.

Ningún comentario:
Publicar un comentario