O Museo do Mar de Galicia acolle a presentación lo libro 'Naufraxios e crónica marítima de Galicia ata 1899'
Infogauda / Vigo
O Museo do Mar de Galicia acollerá este venres a presentación do libro ‘Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899’, unha obra de Fernando Patricio Cortizo froito de 10 anos de investigación. O acto desenvolverase a partires das 19 horas e será de entrada libre.
O volume fai un repaso da historia mariñeira de Galicia, afondando nos naufraxios – de feito no libro ven a luz por primeira vez preto de 400 naufraxios- e nas testemuñas das xentes das vilas mariñeiras, especialmente dos homes que traballaron para as empresas de salvamento de barcos e de despece dos mesmos, na Costa da Morte. Neste sentido o estudo identifica a Cariño, Mugardos e Cangas como poboacións que máis perdas de vidas no mar sufriron; e sinala os puntos conflitivos nos que máis sinistros marítimos se teñen producido, baseándose na revisión de cartografía antiga e dos Cadernos da extinta Dirección de Hidrografía no S.XIX.
A obra recolle tamén os pobos marítimos que visitaron Galicia para exercer intercambio comercial ou con pretensións de invasións, recuperando episodios de grandes desastres navais ocorridos fronte as nosas costas, como a de Martín de Padilla, nos arredores do Cabo Fisterra no 1596, ou a Batalla Naval de Rande, no 1702.
Ningún comentario:
Publicar un comentario