20 de maio de 2016

PEITIEIROS (GONDOMAR)

FESTA DA LINGUA NO CENTRO CULTURAL E VECIÑAL DE PEITIEIROS

Este ​sábado día ​21 de maio Peitieiros celebra as Letras Galegas entregando os premios do I​I​I Certame literario

O acto contará c​unha charla sobre Manuel María e a actuación do grupo de ​Canto tradicional do CCV de Peitieiros que interpretará algunhas das pezas creadas a partir de poemas do autor chairego  


 Infogauda / Peitieiros (Gondomar)

 Este sábado ​21 de maio ás ​20:​3​0 h. o Centro Cultural de Peitieiros, no seu local, ​festexa a nosa lingua e faino coa entrega dos premios do III Certame literario. ​Ao certame concorreron trinta e catro traballos, distribuídos nas tres categorías (até 12 anos, de 12 a 18 e maiores de 18). O xurado está composto pola profesora Aurora Fontán e os escritores: Marta Dacosta, Miguel Anxo Mouriño e Gonzalo Navaza que darán a coñecer o resultado da súa deliberación o propio sábado 21.​ O premio consistirá nun certificado e un lote de libros, entre os que ​haberá obra de ou sobre Manuel María, autor homenaxeado este ano 2016. O nome das gañadoras ou gañadores darase a coñecer no propio acto, en que serán abertas as plicas.   ​

 Previamente, Marta Dacosta fará unha breve semblanza de Manuel María, autor homenaxeado ​neste ano 2016.   

 O acto rematará coa actuación do grupo de de ​Canto tradicional do CCV de Peitieiros que interpretará algunhas das pezas creadas a partir de poemas do autor chairego.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario