20 de maio de 2016

A GUARDA

O Concello guardés pídelle a Deputación o arranxo de 200 metros da rúa Concepción Arenal 

Os deputados David Regades e Uxío Benítez mantiveron onte xoves día 19 de maio, un encontro co alcalde de A Guarda Antonio Lomba Baz 


Infogauda / A Guarda

 Os deputados provinciais de Cooperación e Mobilidade, David Regades e Uxío Benítez, mantiveron onte unha xuntanza de traballo no concello de A Guarda co seu alcalde Antonio Lomba e varios dos seus concelleiros.  

 No encontro, o alcalde presentoulles a ambos deputados o proxecto para á humanización de 200 metros da rúa Concepción Arenal que ademais é parte dunha estrada provincial. Antonio Lomba recordou que leva máis de tres anos reclamándolle á Deputación de Pontevedra que arranxe estes 200 metros xa que o concello concluíu o resto da rúa pero non pode actuar neste espazo por ser de titularidade provincial.  

 Lomba mostroulles o proxecto da obra que o propio concello fixera fai anos que en varias ocasións remitirá a la anterior Deputación sen que existira ningunha resposta ao respecto.  

 Tanto David Regades como Uxío Benítez coincidiron en destacar o uso que facía o Partido Popular da institución provincial "discriminando" aqueles concellos que non eran da súa cor política como demostra o caso de A Guarda e dunha obra de apenas de 200 metros dunha rúa. 

 O deputado de Infraestruturas comprometeuse co alcalde a estudar a inclusión do proxecto da rúa Concepción Arenal no plan de infraestruturas da Deputación.  

 O alcalde e os dous deputados provinciais realizaron tamén unha visita as novas instalacións do concello de A Guarda que pretenden mellorar os servizos que se prestan aos veciños e veciñas da localidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario