URBANISMO
O Partido Popular urxe a contratación dunha empresa redactora para dotar de PXOM á Guarda
“Defendemos un plan consensuado con toda a corporación, pero sobre todo un plan no que se facilite a participación dos veciños”, sinala Conchi Ortega.
Din que non puideron apoiar un plan que levaba anos gardado nun caixón, sen modificar nin actualizar as leis.
Manifestan que coñeceron meses mais tarde que a empresa redactora do plan quería rescindir o contrato, algo que pasou fai un ano, cando nin sequera eran concelleiros.
Conchi Ortega - no centro da imaxe - xunto cos demais concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Guarda
Infogauda / A
Guarda
O Partido Popular da Guarda urxe “ao Goberno municipal que comece os trámites para sacar a concurso a contratación dunha empresa redactora para dotar dunha vez por todas dun PXOM actualizado ao municipio” . Así o pedirán no próximo pleno municipal, no que van defender unha moción que confían en que “sexa un novo inicio e unha folla de ruta para aprobar un plan que vai garantir o desenvolvemento e crecemento da Guarda”, sinala a voceira popular Conchi Ortega Martínez.
Para os populares “o único culpable desta situación é o alcalde, que a pesar de saber que a aprobación inicial non sairía adiante convocou un pleno extraordinario, cos consiguientes gastos en decembro, no que quedou patente o seu empecinamento por levar adiante un PXOM para A Guarda sen actualizar, incumprindo varias leis como a de Montes e a de Estradas, e con erros evidentes”. Algúns deles, e que denunciaron xa os populares, son que a zona industrial das Cachadas aparece como hoteleira, que a rotonda de Pintán e o trazado do vial non figuran no plano por onde pasa realmente, que se estudase outra posibilidade para a zona de Salcidos, os APR,..., “cuestións técnicas, non políticas, pero que non recibiron ningún tipo de resposta”.
“Dende fai
un ano - lembra Conchi Ortega
-, a empresa redactora
do plan, manifestou o seu interese por rescindir o contrato. Nós coñecemos esta
información meses despois. Estivemos traballando para aprobalo, pero non
tiñamos todos os datos. O dato mais importante: que non había empresa redactora
do plan”.
Conchi Ortega
engade tamén que esta moción xa a presentaron en xaneiro, pero que naquel
momento a retiraron a petición do Goberno [municipal] porque aínda non estaba
aprobada a nova lei do solo. “Pero
agora que xa está en vigor volvemos a urxir que contraten unha empresa que
continúe cos traballos porque non hai tempo que perder”, sinala, ao tempo
que defende “un plan
consensuado con toda a corporación, pero sobre todo un plan no que se facilite
a participación dos veciños”. Nesta
liña di: “Queremos un plan que
cumpra coas esixencias dos guardeses e se adapte á realidade da nosa vila,
cumprindo ademais cos requirimentos dos organismos implicados e coa lexislación
vixente, para evitar os problemas urbanísticos que sufre este vila”.
O que non van
apoiar, din os populares, “é un plan que levaba anos gardado nun
caixón, sen modificar nin actualizar coas novas leis aprobadas
trala súa redacción, e que carecía dunhas garantías mínimas para os veciños,
entre elas contar cunha empresa que contestase ás súas alegacións, o día
seguinte da súa aprobación inicial”.
“O Partido
Popular de A Guarda - conclúe Conchi Ortega - non quixo facer
pública a súa posición, porque cremos que un Plan urbanístico, debe estar fora
das loitas partidistas, pero xa outros grupos fixeron pública a súa posición,
entón é unha obriga cos veciños que coñeceran a nosa posición”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario