A PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DO BAIXO MIÑO ORGANIZA UN XANTAR PÚBLICO
Será o día 19 de xuño e participarán plataformas de todo o País, e poderán asistir tódalas persoas que apoiaron e se sintan copartícipes e representados por este colectivo social.
Plataforma de Afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño
A Plataforma de Afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño despois do seu periplo de loita digna na rúa esixindo a devolución do aforro roubado ás galegas e galegos, e, rematado xa o seu percorrido xudicial ante o Contencioso Administrativo de Pontevedra onde foron arquivados tódolos expedientes sancionadores da Comarca, informa:
que o vindeiro 19 de xuño celebrarán no Baixo Miño, unha comida pública da que participarán plataformas de todo o País, a cal poderá asistir tódalas persoas que apoiaron e se sintan copartícipes e representados por este colectivo social.
Para iso é preciso reservar praza nos teléfonos: 620 561 594 /616 090 632 antes do 10 de xuño.
Asimesmo desde a Plataforma queren agradecer a solidariedade e apoio recibido ao longo destes anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario