PERSONAL FUNCIONARIO E LABORAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO SAIU ÁS RÚAS DE VIGO
Para rexeitar a política de privatización dos servizos públicos que está a aplicar o Goberno central do Partido Popular
Iván G. Riobó / Vigo
Persoal funcionario e laboral da Administración Xeral do Estado na provincia de Pontevedra desenvolveu hoxe unha xornada de protesta en Vigo para rexeitar a política de privatización dos servizos públicos que está a aplicar o Goberno central do Partido Popular.
Un grupo de empregados/as concentráronse ás portas de distintos organismos públicos como a dirección provincial do ISM, do SEPE e da Tesourería e nas oficinas do INSS e Tesourería.
As mobilizacións enmárcanse na campaña organizada pola xunta de persoal e o comité de empresa para denunciar a eliminación de emprego público estábel, “empeorando o servizo que se presta á cidadanía e gastando máis cartos públicos”.
Dende as centrais sindicais lembran que moitas das funcións que até o de agora asumía o persoal público están xa en mans de empresas privadas con persoal contratado. Achego imaxes correspondentes á protesta no SEPE (Cánovas del Castillo) e nas oficinas do INSS e Tesourería (García Barbón).
Ningún comentario:
Publicar un comentario