23 de maio de 2016

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

BO PAPEL DE A GUARDA HOCKEY LIÑA NA PENÚLTIMA SEDE DA LIGA 

O equipo guardés deixou moi boas sensacións sobre a pista da Piringalla conseguindo catro puntos de seis posibles e prácticamente asegurando a súa participación nas eliminatorias polo título de liga


 Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 O pasado domingo día 22 de maio, no pavillón Daniel Cordido, de Lugo, disputouse a penúltima cita da competición rexional de Hockey Liña.  

 O equipo guardés A Guarda Hockey Liña deixou moi boas sensacións sobre a pista da Piringalla conseguindo catro puntos de seis posibles e prácticamente asegurando a súa participación nas eliminatorias polo título de liga. 

 No primeiro partido os da Guarda enfrontábanse ós Morcegos, de Ourense, un equipo que foi de máis a menos en esta Competición, xa que as lesións e os compromisos laborais mermaron gravemente o plantel ourensán. A Guarda Hockey Liña venceu comodamente por un resultado final de 0-20. 

 Xa pola tarde o rival foi o CHL Cabuxos de Lugo, segundo clasificado na Liga e un dos claros aspirantes ó título. O equipo guardés plantou cara dende o primeiro minuto e a pesares de comezar perdendo foi quen de dala volta ó marcador e aguantar o resultado de 2-1 ate o final do emocionante encontro, momento no que os Cabuxos empataron. 

 Un resultado de 2-2 ó término do tempo de xogo, que tivo sabor a victoria para os guardeses que esperan certificar a súa presenza na elimanatoria, na derradeira xornada de Liga regular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario