ANABAM DENUNCIA Á LIMPEZA DAS PRAIAS CON MÁQUINAS
"(...) Tiran por terra 16 anos de ser unha praia exemplar no que respecta á limpeza manual, xusto cando outras praias empezan a poñer en práctica precisamente a limpeza manual que é menos agresiva (...)"
Esa é a imaxe que ofrece a Praia do Forte, en Camposancos ( A Guarda), logo da "limpeza" do areal con máquinaria
Foto: ANABAM
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / A Guarda
Case que un ano despois, o grupo de goberno municipal (PSOE) sucumbe as pretensións do PP (oposición) e "limpa" a praia de Camposancos con zanxas de case que medio metro de altura respectando así o valor ecolóxico da zona: e iso que se "jactan" de que este ano tamén é ecopraia; bandeira azul, queren que sexa patrimonio cultural, falan de ruta ornitolóxica, ruta da desembocadura.
Tiran por terra 16 anos de ser unha praia exemplar no que respecta á limpeza manual, xusto cando outras praias empezan a poñer en práctica precisamente a limpeza manual que é menos agresiva, máis sustentable e crea postos de traballo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario