A GUARDA CONMEMORARÁ A FESTIVIDADE DO SANTÍSIMO COAS TRADICIONAIS ALFOMBRAS FLORAIS
Vista parcial da alfombra da Praza do Reló na edición de 2015
Fotos: Infogauda
Fotos: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda prepárase para vivir este sábado e domingo unha das súas fin de semanas grandes máis destacadas. Este domingo 29 de maio nas rúas da vila celebrarase a Festividade do Santísimo, coincidindo co día de Corpus.
Detalle da alfombra da Praza de Ignacio Sobrino
Como parte destacada deste festexos as guardesas e os guardeses adornarán as rúas coas típicas alfombras florais que se levan facendo nesta data dende fai máis de 30 anos a noite anterior, cun traballo previo que se prolonga durante case todo o mes de maio.
Vista parcial da alfombra da Rúa Hernán Cortés e alfombra de sal na Praza de José María Lomba (O Terrado)
Vista parcial da alfombra no primeiro tramo da rúa Concepción Arenal
As rúas que se engalanarán coas alfombras feitas durante toda a noite e a madrugada do sábado 28 son a Praza do Reló, a Praza de Ignacio Sobrino, a rúa Hernán Cortés, a rúa Malteses e tres tramos, todos eles diferentes, da rúa Concepción Arenal. A contorna destas rúas permanecerá pechada ó tráfico pechada ó tráfico ata o remate da procesión.
Vistas parciais das alfombras no segundo e terceiro tramos da rúa Concepción Arenal
Os visitantes que se acheguen á Guarda este domingo pola mañá, despois de admirar a beleza das creacións florais das rúas, poderán acudir á celebración eucarística ás 12:30 horas, e, de seguido, á procesión do Santísimo que percorrerá as rúas sobre as alfombras con tanta dedicación feitas para dar remate ás celebracións desta fin de semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario