MARATÓN DE STAR WARS NO CENTRO CULTURAL DA VILA
Este sábado día 28 de maio ás 15:00 horas, no Auditorio do Centro Cultural da Guarda, onde se proxectará a Triloxía Clásica da saga galáctica
Infogauda / A Guarda
Como xa informamos oportunamente, o pasado mércores 25 de maio, celebrouse o Día do Orgullo Friki, data escollida porque o 25 de maio de 1977 foi cando se estrenou 'Una nueva esperanza', a primeira entrega da saga Star Wars de George Lucas.
Para conmemorar esta data, que se leva celebrando 10 anos, dende o Concello da Guarda convídase a todos os que o desexen a asistir este sábado día 28 de maio ás 15:00 horas, ao Auditorio do Centro Cultural da Guarda onde se proxectará a Triloxía Clásica da saga galáctica.
O evento, organizado polo Star Wars A Guarda FANS CLUB coa colaboración do Concello da Guarda, será de balde ata completar o aforo do recinto. Alí poderán asistir ó visionado de "Una nueva esperanza", "El imperio contraataca" e "El retorno del Jedi", nun evento único para fans e para aqueles que queiran descubrir a Triloxía por primeira vez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario