PRAZOS DE MATRICULACIÓN NO CONSERVATORIO ELEMENTAL DE MÚSICA
DECRETO 0370/2015. RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE 26 DE MAIO DE 2016
Próximo o comezo do curso 2016/2017 no Conservatorio de Música Elemental de A Guarda,
RESOLVO:
Que o prazo de matriculación para os alumnos será o seguinte:
Alumnos que xa estiveron matriculados no curso 2015/2016: do 1 ó 5 de xullo de 2016, ámbolos dous incluídos.
Alumnos de novo ingreso para o curso 2016/2017: do 6 ó 8 de xullo de 2016, ámbolos dous incluídos.
A matriculación farase nas oficinas do Conservatorio entre as 10:00 e as 13:00 horas das datas sinaladas, onde se poderán recoller os impresos e a lista da documentación a presentar.
Dese a máxima difusión deste Decreto para xeral coñecemento de todos os veciños, no taboleiro de anuncios do Concello, así como na prensa e radio local.
A Guarda, 26 de maio de 2016
O Alcalde
Antonio Lomba Baz
DECRETO 0371/2016.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE 26 DE MAIO DE 2016
Próxima a convocatoria extraordinaria de setembro no Conservatorio de Música Elemental de A Guarda,
RESOLVO: Que o prazo de matriculación para os alumnos será o seguinte: Día 7 de setembro de 2016.
A matriculación farase nas oficinas do Conservatorio entre as 10:00 e as 13:00 horas das datas sinaladas, onde se poderán recoller os impresos e a lista da documentación a presentar.
Dese a máxima difusión deste Decreto para xeral coñecemento de todos os veciños, no taboleiro de anuncios do Concello, así como na prensa e radio local.
A Guarda, 26 de maio de 2016
O Alcalde
Antonio Lomba Baz
Ningún comentario:
Publicar un comentario