MARATÓN DE STAR WARS NA GUARDA
Será o sábado día 28 de maio, desde ás 15:00 horas, no auditorio do Centro Cultural da vila
Miguel Fernández Lomba / A Guarda
O mércores día 25 de maio, aniversario da estrea de Star Wars IV "Una nueva Esperanza" celébrase o Día do Orgullo Friki. Para festexar tan destacada data o vindeiro sábado día 28 de maio, desde ás 15:00 horas, no Auditorio do Centro Cultural da Guarda proxectarase a Triloxía Clásica - "Una nueva esperanza", "El imperio contraataca" e "El retorno del Jedi" - da saga galáctica.
Será un evento de balde organizado por Star Wars A Guarda FANS CLUB coa colaboración do Concello da Guarda.
Animamos a tódolas/os fans a achegarse ó Centro Cultural para disfrutar desta data.

Ningún comentario:
Publicar un comentario