Ciclo de charlas “Manual de instrucións para educar” na Guarda
O próximo martes, día 24 de maio, última cita na Casa dos Alonso ás 19,30 horas.
Infogauda / A Guarda
Finaliza o exitoso ciclo “Manual de instrucións para educar” organizado polo Programa de Educación Familiar e a OMIX do Concello da Guarda.
Nesta última ocasión o tema protagonista será “Do berce á adolescencia. Ferramentas útiles coas/os adolescentes”, tratarase temas como factores que poden afectarnos á hora de ver a adolescencia, cales son os ingredientes clave para chegar ó desenvolvemento dunha adolescencia sana, enfocarase este tema dunha maneira eficaz proporcionando ferramentas útiles que si funcionan.
Educar aos fillos e fillas é unha aprendizaxe diaria, polo que, estas charlas veñen achegando vías para resolver conflitos de forma construtiva, reforzando a comunicación e o diálogo como claves na relación entres nais e pais con fillos e fillas.
Esteban Figueirido, terapeuta familiar, conducirá por última vez esta charla, convidando aos participantes a interactuar e intercambiar experiencias para facelos encontros máis dinámicos e reais.
Ó finalizar a charla repartirase un práctico Manual co resumo das ponencias de Esteban para que todas e todos os asistentes poidan poñer en practica os coñecementos adquiridos e como agradecemento pola súa participación.
O Concello da Guarda convida unha vez máis a todos os pais e nais, educadores/as, avoas/ós e a todos aqueles veciños e veciñas interesados na educación a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que falar e contar experiencias propias.

Ningún comentario:
Publicar un comentario