16 de mar. de 2016

DEPORTES

CICLISMO

Marcha homenaxe ás víctimas do accidente de A Guarda


Federación Galega de Ciclismo

 O noso ciclismo vive días de loito despois do tráxico accidente de A Guarda. Un sentimento de dor e indignación polo acontecido que leva aos clubes das víctimas, aos seus amigos, familiares e a Federación Galega de Ciclismo a convocar unha Marcha Homenaxe o vindeiro domingo, día 20 de marzo.  

 A concentración partirá ás 10:00 horas dende a Ponte Romana da Ramallosa e dirixirase cara o punto do sinistro no que un conductor atropelou o sábado a 20 ciclistas. Alí, lerase un manifesto e durante todo o percorrido os participantes lucirán crespóns negros. Estanse a ultimar os trámites para obter os permisos pertinentes.  

 Este acto celebrarase na memoria de José Antonio Casas Pérez (Ñito), ciclista do Miñor Bike, e do resto da víctimas deste accidente. Todas as homenaxes son poucas para amosarlle o apoio do noso deporte aos seus achegados e para reivindicar respeto e medidas a prol do colectivo ciclista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario