O Plan marco de mellora de camiños municipais deixará na provincia de Pontevedra máis de 3,8 millóns de euros
Este plan ten como finalidade ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria
O montante total para toda Galicia ascende a preto de 20 millóns de euros, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais
O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, durante a súa intervención
Infogauda / Santiago de Compostela
O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentou esta mañá na Delegación Territorial o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016 para a provincia de Pontevedra, cuxo investimento ascende a algo máis de 3,8 millóns de euros.
O director xeral explicou que con estas achegas, os concellos disporán dun orzamento necesario para o arranxo de infraestruturas viarias, facilitando a mobilidade da poboación rural. Antonio Crespo salientou que o obxectivo xenérico a alcanzar con esta medida é ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria.
Antonio Crespo explicou que este plan disporá de 20 millóns de euros para toda Galicia, dos cales o 75% corresponde a fondos FEADER do novo período de programación 2014-2020, o 17,5% a fondos propios da Xunta e o 7,5% restante do Ministerio. Reparto por municipios A continuación indícase a cantidade prevista para cada un dos concellos da provincia de Pontevedra, segundo os criterios consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Concello
|
Orzamento
|
Arbo
|
56.934 €
|
Barro
|
44.417 €
|
Baiona
|
45.533 €
|
Bueu
|
62.549 €
|
Caldas de Reis
|
54.310 €
|
Cambados
|
46.772 €
|
Campo Lameiro
|
45.895 €
|
Cangas
|
67.887 €
|
Cañiza, A
|
98.355 €
|
Catoira
|
43.426 €
|
Cerdedo
|
47.423 €
|
Cotobade
|
68.829 €
|
Covelo
|
77.274 €
|
Crecente
|
62.434 €
|
Cuntis
|
66.715 €
|
Dozón
|
55.164 €
|
Estrada, A
|
173.162 €
|
Forcarei
|
78.940 €
|
Fornelos de Montes
|
43.313 €
|
Agolada
|
85.235 €
|
Gondomar
|
65.876 €
|
Grove, O
|
43.798 €
|
Guarda, A
|
44.293 €
|
Illa de Arousa, A
|
41.567 €
|
Lalín
|
132.568 €
|
Lama, A
|
66.405 €
|
Marín
|
49.622 €
|
Meaño
|
47.144 €
|
Meis
|
70.081 €
|
Moaña
|
64.772 €
|
Mondariz
|
53.208 €
|
Mondariz-Balneario
|
30.484 €
|
Moraña
|
49.003 €
|
Mos
|
54.860 €
|
Neves, As
|
70.283 €
|
Nigrán
|
51.481 €
|
Oia
|
48.526 €
|
Pazos de Borbén
|
43.426 €
|
Pontevedra
|
77.917 €
|
Porriño, O
|
69.889 €
|
Portas
|
51.831 €
|
Poio
|
48.011 €
|
Ponteareas
|
87.611 €
|
Ponte Caldelas
|
49.352 €
|
Pontecesures
|
41.443 €
|
Redondela
|
54.860 €
|
Ribadumia
|
48.526 €
|
Rodeiro
|
86.531 €
|
Rosal, O
|
45.533 €
|
Salceda de Caselas
|
56.493 €
|
Salvaterra de Miño
|
71.660 €
|
Sanxenxo
|
54.084 €
|
Silleda
|
105.414 €
|
Soutomaior
|
41.939 €
|
Tomiño
|
68.980 €
|
Tui
|
65.326 €
|
Valga
|
47.020 €
|
Vigo
|
95.487 €
|
Vilaboa
|
57.494 €
|
Vila de Cruces
|
85.605 €
|
Vilagarcía de Arousa
|
55.447 €
|
Vilanova de Arousa
|
47.639 €
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario