23 de feb. de 2016

MOVEMENTOS SOCIAIS

A PLATAFORMA DE EMIGRANTES RETORNADOS DO BAIXO MIÑO REALIZARÁ DÚAS CONCENTRACIONS EN TUI

Serán o xoves día 25 de febreiro

Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño 

 Dende a Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño informamos que o vindeiro xoves día 25 de febreiro realizaremos unha concentración diante da Facenda española en Tui, de 11:00 até ás 11:30 horas. E, posteriormente, na Praza da Inmaculada dende ás 11:30 até ás 12:00 horas, co motivo e finalidade de modificar a Lei que tacha aos retornados de defraudadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario