12 de xan. de 2016

PONTEVEDRA

Técnicos do IGVS mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes de Os Ninguéns e a PAH na procura de solucións para estas familias 

O Instituto Galego da Vivenda e Solo asesora sobre a solicitude do bono de alugueiro social a dúas familias afectadas por un procedemento de desafiuzamento por impagamento da renda en Vigo

Infogauda / Pontevedra

 O Instituto Galego da Vivenda e Solo asesoraron hoxe sobre a solicitude do Bono de Alugueiro Social a dúas familias afectadas por procedementos de desafiuzamento a causa de non pagar a renda da vivenda en Vigo. Técnicos do Instituto mantiveron hoxe en Pontevedra unha reunión cos representantes da asociacións Os Ninguéns e a PAH, así como cun dos afectados, co obxectivo de explicarlle as posibles alternativas para exercer o seu dereito a unha vivenda.  

 Na reunión, a responsable provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo explicou que a Xunta conta coas axudas do Bono de Alugueiro Social, dirixidas especificamente aos afectados por desafiuzamentos por impago da renda da vivenda, indicando a conveniencia de que os interesados presenten a solicitude o antes posible. 

 O Bono de Alugueiro Social consiste nunha axuda mensual de 150 euros, por un período de doce meses prorrogable por outros doce, ademáis dunha axuda unica de 450 euros destinados a sufragar os gastos derivados da sinatura dun novo contrato de alugueiro.  

 Ademais indicáronselle ao interesados as posibilidades de realoxo en vivendas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo ou cedidas pola Sareb ou entidades financeiras, que se destinan ao realoxo de afectados por execucións hipotecarias ou de alugueiro.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario