A Xunta fomentará con 1,5 millóns de euros a prevención de riscos laborais en Galicia en 2016
A convocatoria de axudas da Consellería de Economía,
Emprego e Industria inclúe dúas liñas de apoio Subvenciónanse programas de formación intersectorial de asociacións patronais e organizacións sindicais de carácter intersectorial, cun importe de 300.000 euros
Fináncianse outras accións de fomento da prevención de riscos laborais cun orzamento de 1.190.000 euros
Desta última, poden beneficiarse fundacións sectoriais, organizacións sindicais e asociacións empresariais tanto de carácter sectorial como intersectorial e asociacións profesionais de autónomos
Infogauda / Santiago de Compostela
A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará con preto de 1,5 millóns de euros accións para fomentar a prevención de riscos laborais en Galicia ao longo de 2016.
A convocatoria destas axudas, que ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG), estrutúrase en dúas liñas. A primeira está destinada a programas de formación intersectorial que realicen asociacións patronais e organizacións sindicais de carácter intersectorial, cun importe de 300.000 euros; e a segunda, para outras accións de fomento da prevención de riscos laborais, cun orzamento de 1.190.000 euros. Desta última, poden beneficiarse fundacións sectoriais paritarias nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, organizacións sindicais e asociacións empresariais tanto de carácter sectorial como intersectorial e, por último, asociacións profesionais de autónomos.
Con estas axudas, os beneficiarios poderán desenvolver estudos e traballos relacionados coa seguridade e a saúde laboral de investigación e prospección para a análise da mellora das condicións de traballo en sectores concretos da actividade económica; de difusión, sensibilización e intercambio de experiencias; gabinetes técnicos sectoriais de difusión normativa e técnica; accións divulgativas de sensibilización para investimento específico en prevención de riscos laborais; e a realización de materiais e ferramentas prácticas para implantar actuacións nesta materia.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario