3 de xan. de 2016

A GUARDA

UN INMOBLE DESHABITADO, NAMENTRAS HAI XENTE "VIVINDO" NA RÚA

Forma parte do patrimonio da Fundación Manuel Otero Lomba - Joaquina Juana Sobrino Alonso

Fachadas principais do inmoble pertencente á Fundación Manuel Otero Lomba - Joaquina Juana Sobrino Alonso
Fotos: Infogauda

Muro de peche da horta da casa - e fachada posterior da mesma - pertencente á devandita fundación



Infogauda / A Guarda


 Unha vez máis, e quixéramos que fose á derradeira, voltamos a dar conta da situación na que se atopa un inmoble que pertence a Fundación Manuel Otero Lomba - Joaquina Juana Sobrino Alonso, clasificada como benéfica particular, polo Ministerio de Gobernación, segundo comunicación da Junta Provincial de Beneficiencia de Pontevedra,  remesada o Concello de A Guarda, en data 25 de setembro de 1946.

  Forman parte da Fundación Manuel Otero Lomba - Joaquina Juana Sobrino Alonso, como patróns da mesma, designados pola fundadora, o alcalde do Concello de A Guarda e o xuiz municipal do mesmo concello, así como o párroco de Salcidos.

 O devandito inmoble, que fora cedido en usufructo a unha curmá de Dna. Joaquina Juana Sobrino Alonso, estivo operativo ata fai uns anos, logo de falecer á persoa que o viña usufructuando, como vivenda e establecemento comercial (tenda de ultramariños e estanco). Pasado algún tempo desde aquela, o inmoble está deshabitado. 

 Desde fai algún tempo atópase nun lamentable estado de abandono, pois xa tén á cuberta afundida, entrándolle á auga da choiva, polo que o deterioro vai facéndoso máis notorio. Por iso, se non se corrixe esa situación, mesmo pode chegar a supor un serio risco para os viandantes que transitan polas rúas colindantes, Calvario e Hernán Cortés.

 Iso acontece, diante da presunta total pasividade e inacción, daquelas persoas que a día de hoxe teñen á condición de patrons da Fundación Manuel Otero Lomba - Joaquina Juana Sobrino Alonso. 

 Paradóxicamente, día a día, vemos como algunhas persoas "viven" na rúa, nalgún caso, coa mochila ás costas, errantes de un lugar para outro, tentando subsistir grazas á caridade dos veciños, sin que teñamos constancia de que alguén se preocupe de darlles un teito onde cobixarse coa maior dignidade posíbel.

 Polo tanto, co maior respecto, instamos á Corporación Municipal do Concello de A Guarda, a que adoite ás medidas que estén o seu alcance, para tentar correxir á situación na que hoxendía se atopa o devandito inmoble, e coa maior dilixencia se den os pasos necesarios para darlle unha utilidade social a esa casa.


ARTIGO RELACIONADO:

Ningún comentario:

Publicar un comentario