DAMIÁN ALONSO ALONSO, DE A GUARDA, PROCLAMOUSE CAMPIÓN DE EUROPA DE REMO ERGÓMETRO
Damián Alonso Alonso, Campión de Europa 2016, de Remo Ergómetro
Foto: L. P.
Infogauda / Deportes
O remeiro Damián Alonso Alonso, de A Guarda (Galicia), ven de proclamarse en Gÿor (Hungría), Campión de Europa 2016, de Remo Ergómetro.
No Audi Arena, de Gÿor, Damián Alonso, liderou a regata, seguido de preto por Craig Guest, Fabian Lahrz e Scott Pollock. Posteriormente, no minuto 04:57, sería Craig Guest o que o relevaría.
Finalnente, a coraxe, o pundonor e a excelente forma física de Damián Alonso, fixeron posíbel que o remeiro guardés recuperase a primeira posición rematando a regata con un crono de 06:23.09, por diante dos seus rivais máis directos, como Cseliná, que acadou un crono de 6:42.8 Dese xeito, con un esforzo persoal digno de todo eloxio, o deportista guardés fíxose coa Medalla de Ouro, acadando o Campionato de Europa 2016 de Remo Ergómetro. Un novo éxito para seu brillante palmarés deportivo e unha nova satisfacción para tódolos seus seguidores incondicionais.
Damián Alonso e Luis Pazos, dous grandes Campions do Remo Ergómetro, con cadansúa Medalla de Ouro, logradas en Gÿor (Hungría)
Por outra parte, temos que salientar que Luis Pazos, compañeiro de Damián Alonso, liderou desde o primeiro intre ata o derradeiro, a regata correspondente a súa categoría, logrando un crono de 06:15.1, por diante de Attila Fehér, que acadou un rexistro de 06:31.8. En terceira posición quedou Sebastién Rodríguez, con un crono de 06:34.1.
Ningún comentario:
Publicar un comentario